Solicitude de participación para hostalaría
Ao premer enviar asumo os compromisos estipulados nas normas de participación hostalaría da Feira Franca e entendo que, en caso de non respectalos, a organización poderá excluír a miña solicitude ou ben proceder á retirada dos elementos non autorizados ou do propio posto durante o día da celebración da Feira Franca.
Ademais entendo que as posibles infraccións cometidas serán recollidas pola organización, quen se reservará o dereito de excluír a miña candidatura para próximas edicións da Feira Franca.
Así mesmo, declaro responsablemente:
- estar ao corrente das obrigas legais, fiscais, laborais, medioambientais e hixiénico sanitarias do exercizo da miña actividade.
- que no caso de vender produtos alimenticios estes cumpren coas normas de seguridade e hixiene vixentes.
- que entendo e acepto o presente documento, polo que veño obrigado/a a subscribir seguro de responsabilidade que cubre o espazo autorizado pola organización e amiña actividade desenvolvida no mesmo.