Normas xantares e ceas na rúa

Co fin de situar postos de xantares e ceas particulares na rúa o día da Feira Franca (sábado, 6 de setembro de 2025), é necesario cumprir unha serie de normas que a continuación detallamos.

Entregar a solicitude, debidamente cuberta, dentro do prazo estipulado

Do 16 de xuño ao 16 de xullo de 2025, na oficina da Feira Franca (Departamento de Cultura do Concello de Pontevedra, edificio do Teatro Principal con entrada pola rúa Don Filiberto, Pontevedra) en horario de 10.00 a 14.00 horas ou cubrir o formulario en feirafranca.pontevedra.gal.

Aceptar as seguintes condicións:

1. Espazos e ambientación

As mesas admitidas deberán pór, antes das 10.00 h, e nun lugar visíbel, o número de identificación facilitado pola organización. No caso de non facelo, a organización poderá dispoñer do espazo asignado.

As persoas solicitantes deberán respectar o espazo asignado pola organización, non podendo ampliar o número de metros que conste no documento de aceptación e facilitando en todo momento o paso dos medios de seguridade, colaborando coa retirada de elementos que dificulten a circulación dos equipos de intervención.

Na asignación de espazos terase en conta a decoración, ambientación e organización de actividades lúdicas e de animación acordes co espírito de recreación histórica que caracteriza a Feira Franca. A este respecto, pódense achegar fotografías ou outra información que se considere de interese.

Deberá ocultarse calquera elemento que resulte anacrónico (quedan prohibidas as carpas industriais e os toldos de plástico).

Os postos deben ser de madeira ou, caso contrario, estar cubertos con tecidos rústicos (liño, lenzo, tea de sa- co...). Os postos exteriores non se poderán cubrir de papel.

En caso de chuvia, as mesas deberán estar provistas dos materiais apropiados para protexerse. Se os materiais fosen de plástico, deberán estar totalmente ocultos.

De igual xeito, a louza empregada ha de ser de barro ou madeira, quedando prohibido que aparezan á vista bote- llas de plástico, latas ou calquera material fóra de época.

Non se fará publicidade de ningunha marca comercial.

Todas as persoas da mesa vestirán traxes adecuados á época histórica da festa (segunda metade do século XV). Este ano a XXIV Feira Franca está dedicada ás Meigas, polo que tanto a ambientación do espazo como as actividades organizadas nos xantares e ceas na rúa poderán xirar arredor a ese tema.

A música e a animación deben ter unha temática exclusivamente medieval. Calquera outro tipo de música e alteración do espírito da época da festa non está permitido.

2. Montaxe

O horario de montaxe é:

Sábado día 6 de setembro de 6.00 a 10.00 horas (queda terminantemente prohibido montar antes desa hora).

O incumprimento desta norma poderá ser motivo de exclusión do posto na Feira. Se ás 10.00 horas o posto non estivera montado, a organización reservarase o uso do espazo adxudicado.

3. Lume e grellas

As mesas que queiran facer lume deberán facelo constar na solicitude de participación.

O lume farase no espazo que asigne a organización para ese fin, en cada caso.

Non se pode facer lume debaixo de toldos, instalacións eléctricas ou outros elementos susceptíbeis de arder.

O espazo no que se faga o lume debe estar perfectamente paramentado, impedindo o acceso a este a toda persoa allea ao cociñado

O espazo no lume debe estar correctamente illado mediante o uso de pranchas metálicas en tres das catro caras do soporte.

As pranchas metálicas deben estar debidamente illadas pola parte exterior para impedir queimaduras a terceiras persoas.

As mesas terán no espazo delimitado para o lume un extintor de 6 kg eficacia 21 A-113 B ou dous de 3 kg.

Os extintores deberán cumprir coas revisións correspondentes (non caducados e retimbrados).

A delimitación do espazo do lume, a protección do lume e o extintor deben estar listos para a revisión por parte dos servizos de seguridade ás 10 horas da mañá.

O apagado dos lumes deberá realizarse antes das 23:59 horas do sábado.

O incumprimento desta normativa de lumes será motivo para o precinto inmediato do espazo.

Recoméndase que, no caso de empregar pacas de palla, se mollen antes e non se usen como cadeiras nin mesas.

4. Responsabilidade e acreditacións

A persoa responsábel da mesa deberá ter no seu poder a acreditación da mesa durante as horas de montaxe.

É obrigatorio que a autorización se localice nun lugar visible durante toda a xornada da Feira Franca.

Ademais, tomará as medidas necesarias para non deixar no espazo usado restos de lixo, graxa, aceites etc. É obrigatorio contar cun depósito para o lixo acorde coa ambientación da festa (sacos, cestos…).

Responsabilizarase de:

As persoas participantes deberán acatar a supervisión que realizará a organización.

A autorización para a montaxe dunha mesa non é transferíbel, sendo responsábel a persoa titular de dita autorización.

Os postos que non sigan as anteditas normas ou as indicacións da organización poderán ser retirados.