Feira Franca

6 e 7 de setembro de 2024

Programa Feira Franca XXIII (2024)

A Feira Franca celébrase o 6 e 7 de setembro de 2024.

Descarga aquí o programa en formato PDF.

Programa Feira Franca 2024, páxina 1

Programa Feira Franca 2024, páxina 2

Cartel Feira Franca XXIII

Descarga aquí o cartel en formato PDF.

Cartel Feira Franca 2024

Bando Feira Franca XXIII

Descarga aquí o bando en formato PDF.

Bando Feira Franca 2024

Anos anteriores

A modo de arquivo están dispoñibles para a súa consulta os programas e carteis da Feira Franca de anos anteriores.

Participa na Feira Franca: prazo de solicitude pechado

O prazo para presentar solicitudes para hostalaría, mercado e/ou xantares e ceas está pechado. Estivo aberto entre o 13 de xuño e o 15 de xullo de 2024, ámbolos dous incluídos.

A listaxe de solicitudes admitidas publicarase nesta páxina a partir do día 21 de xullo de 2024 e estará a disposición das persoas interesadas na oficina da Feira Franca.

Abrirase un prazo de 7 días naturais para a presentación de reclamacións.

Consulta as normas para as persoas participantes na Feira Franca:

Galería de imaxes

Que é a Feira Franca?

Unha cita ineludíbel para as xentes de Pontevedra e os milleiros de visitantes que veñen gozar dela.

A Feira Franca é, dende hai anos, unha cita ineludíbel para as xentes de Pontevedra e os milleiros de visitantes que veñen gozar dela, procedentes de todos os recunchos do país e máis alá das nosas fronteiras.

É un peche apoteósico dos días de verán creado por e para a xente.

É unha viaxe ao século XV participada por toda unha cidade.

É unha vivencia única habitada por artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicas, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros.

Achéganos o tempo do privilexio concedido a Pontevedra polo rei Henrique IV, no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración.

A Feira Franca, que ten lugar na zona monumental da capital do Lérez todos os anos na primeira fin de semana de setembro, toma forma dende o ano 2000 coa organización de diversas actividades lúdicas de raigame histórica.

Actividades que van dende a representación do transporte do viño ou o imperdíbel torneo medieval, ata os espectáculos de cetraría, tiro con arco, esgrima ou as exhibicións de música e danza que enfeitizan as xornadas do venres a partir do serán e mais de todo o sábado.

Pero, sobre todo, o que fai especial e distinta esta festa medieval, declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia en 2013, son os milleiros de persoas que se visten de época para xantaren nas prazas e rúas, en mesas montadas e decoradas por elas mesmas, seguindo as pertinentes normas estéticas e utilizando tan só materiais existentes na segunda metade do século XV, conformando unha obra deleitosa na que o público é tamén actor sobre o escenario da cidade vella.

Así que, xa o sabes: cando a noite se vaia alongando ata durar case tanto coma o día, cando as flores do viño vello compartan mantel cos acios da nova colleita; cando creas que o verán se está indo a acubillar no manto do outono; cando semelle que a festa esmorece e a luz de Sirius se recolle, garda folgos porque está preto o punto culminante da época estival: a Feira Franca de Pontevedra!

Ten lugar na zona monumental da capital do Lérez todos os anos na primeira fin de semana de setembro.

Feira Franca

Un pouco de historia

Corría o ano 1467 cando o rei Henrique IV de Castela lle outorgou a Pontevedra o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos.

Contan os bandos que sucan o tempo e a luz das estrelas que corría o ano 1467 cando o rei Henrique IV de Castela lle outorgou a Pontevedra, daquela a principal vila de Galiza, o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e outros quince despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.

Foi co fin de lembrar aquela concesión que a comezos do século XXI o departamento de Festas do Concello de Pontevedra decidiu recrear un mercado medieval na Praza da Ferraría, convidando a todos os veciños e veciñas a integrárense na celebración dese fito histórico.

Co transcorrer dos anos, tal foi a boa acollida da iniciativa entre as xentes de Pontevedra, que se fixo preciso estender os lindes do espazo da festa paulatinamente, ata abranguer a totalidade da zona monumental e mesmo algunhas áreas limítrofes.

A Praza da Ferraría mantivo, porén, a súa condición de centro neurálxico, e consolidouse como o lugar escollido para a representación de oficios tradicionais. Pola súa banda, na Praza de Santa María acabaríanse instalando a meirande parte da artesanía, e a alameda e mais a Praza de Curros Enríquez contarían co maior número de postos de alimentación.

E velaquí que a medida que se sucedían as edicións, a cantidade de persoas que se vestían de época e solicitaban participar nas seccións de mercado, hostalería ou de xantares e ceas na rúa era tamén cada vez maior, ata chegar ás máis de 500 peticións da actualidade.

Foi por mor de que a masificación non implicase un deterioro da festa, que se implementaron normas de obrigado cumprimento en cada unha das categorías existentes: Mercado, Hostalaría e Xantares e Ceas. Dese xeito logrouse asegurar que primase a calidade dos postos e mais dos produtos, así como da estética da escenificación. Algo que, sen dúbida, valoran os máis de 100.000 visitantes que se achegaron nas últimas edicións á nosa Boa Vila o primeiro sábado de setembro, día grande da Feira Franca.

Así é que, co acubillo de toda a cidade, dende o ano 2000 facemos unha viaxe no tempo ao noso pasado, mais como todo o universo dos devanceiros non pode abranguerse nun día, a organización decidiu adicar a un tema concreto cada edición.

Xa podemos dicir que visitamos o mundo dos Irmandiños no ano 2006, sucamos o mar do medievo en 2007, homenaxeamos á agricultura ao ano seguinte, cantamos cantigas de Amor, escarnio e maldicir en 2009, acollemos a camiñantes no 2010, lembramos o comercio de antano no 2011, os xogos populares en 2012, no 2013 os inventos, aprendemos astronomía no 2014, centrámonos na alquimia no 2015, gozamos coa música en 2016, imaxinamos bestiarios medievais en 2017 e ideamos lendas en 2018.

Co transcorrer dos anos, tal foi a boa acollida da iniciativa entre as xentes de Pontevedra, que se fixo preciso estender os lindes do espazo da festa ata abranguer a totalidade da zona monumental.

Feira Franca