Normas do mercado de artesanía e alimentación

1. Duración e horarios

O mercado terá lugar o sábado 7 de setembro de 2024 de 11.00 a 22.00 horas.

A montaxe farase de 06.00 a 10.00 horas e a desmontaxe a partir das 00.00 horas respectando as normas de seguridade na instalación e montaxe así como as normas en materia de ruído. Se ás 10.00 horas o posto non estivera montado, a organización reservarase o uso dese espazo.

2. Requisitos de acceso

Para entrar no proceso de selección para a colocación dun posto de mercado é preciso ser maior de idade e presentar a seguinte documentación:

A presentación de documentación falsa ou irregular será motivo de exclusión.

Aquelas solicitudes que non veñan acompañadas por algún dos documentos esixidos non serán admitidas.

A autorización para a montaxe dun posto no mercado non é transferíbel, a persoa titular será a responsábel de dita autorización.

As persoas responsábeis dos postos tamén son responsábeis da legalidade da súa xestión (actividade profesional, fiscalidade, contratación, seguridade e hixiene, montaxe, mantemento e funcionamento, etc).

3. Recepción de solicitudes

Do 14 de xuño ao 15 de xullo de 2024. A data límite para presentar a solicitude é o 15 de xullo de 2024 ás 14:00 h.

A documentación poderase presentar na oficina da Feira Franca na rúa de Afonso XIII de 10.00 a 14.00 h ou de xeito telemático en feirafranca.pontevedra.gal/participa.

4. Criterios de selección

Na selección dos postos terase en conta a orixinalidade, calidade, presentación e elaboración artesanal e non se admitirá a venda daqueles produtos elaborados por procedementos industriais ou moi comercializados.

A participación no mercado supón o compromiso de que os produtos á venda sexan elaborados de xeito artesanal.

5. Listaxe de postos admitidos

A listaxe provisional de solicitudes admitidas publicarase a partir do día 22 de xullo de 2024 en https://feirafranca.pontevedra.gal e estará a disposición das persoas interesadas na oficina da Feira Franca.

Abrirase un prazo de 7 días naturais para a presentación de reclamacións.

A partir do 29 de xullo, publicarase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas, contra esta listaxe non cabe ningunha alegación.

6. Taxas

Unha vez publicada a listaxe definitiva, os postos admitidos deberán poñerse en contacto coa organización e pagar a cantidade establecida na correspondente ordenanza fiscal dependendo do espazo ocupado, e sempre previamente á instalación do posto. A taxa liquidarase no departamento de Xestión Tributaria do Concello de Pontevedra.

7. Seguro de Responsabilidade Civil

É de obrigado cumprimento para todos os postos de mercado admitidos (tanto alimentación como artesanía) ter un seguro de responsabilidade civil, comprobando que estea vixente o día da feira e que cubra a actividade específica que se vai desenvolver. Deberase entregar á organización copia da póliza e do recibo correspondente.

8. Espazos e ambientación

Lembramos que a Feira Franca é a recreación dunha feira medieval e, por iso, é importante seguir unha serie de pautas e liñas estéticas acordes coa época:

9. Lumes e grellas

Os postos que queiran facer lume deberán facelo constar na solicitude de participación.

O lume farase no espazo que asigne a organización para ese fin, en cada caso.

Non se pode facer lume debaixo de toldos, instalacións eléctricas ou outros elementos susceptíbeis de arder.

O espazo no que se faga o lume debe estar perfectamente paramentado, impedindo o acceso ao mesmo de toda persoa allea ao cociñado.

O lume debe estar correctamente illado mediante o uso de pranchas metálicas en tres das catro caras do soporte.

As pranchas metálicas deben estar debidamente illadas pola parte exterior para impedir queimaduras a terceiras persoas.

Os postos terán no espazo delimitado para o lume un extintor de 6 kg eficacia 21 A-113 B ou dous de 3 kg.

Os extintores deberán cumprir coas revisións correspondentes (non caducados e retimbrados).

A delimitación do espazo do lume, a protección do lume e o extintor deben estar listos para a revisión por parte dos servizos de seguridade ás 10 horas da mañá.

O apagado dos lumes deberá realizarse antes das 24 horas do sábado.

O incumprimento desta normativa de lumes será motivo para o precinto inmediato do espazo autorizado.

10. Regras de seguridade e hixiene para o mercado de alimentación

As instalacións deben estar limpas e en boas condicións para evitar o risco de contaminación dos alimentos.

Todos os establecementos que confeccionan alimentos deberán estar dotados de condicións frigoríficas e equipamentos apropiados para a súa conservación.

Os produtos alimenticios que estean expostos no exterior dos establecementos deberán estar en recipientes apropiados.

Deben vixiarse os alimentos que precisen ser servidos en frío evitando todos os riscos para a saúde.

Os espazos deberán ser dotados de medios eficaces de loita contra incendios.

O persoal do establecemento debe extremar as medidas de hixiene.

Non está permitido que o persoal que se encargue dos cobros manipule tamén os alimentos.

O persoal do establecemento que estea en contacto cos alimentos debe posuír o certificado de manipulador/a de alimentos, que se presentará xunto coa solicitude.

Todos os artigos, aparellos e equipamentos deben ser mantidos limpos e en bo estado de conservación.

Os pratos, cubertos, copas… deberán ser colocados nas mesas ou nos balcóns pouco antes de que se inicie a actividade.


O INCUMPRIMENTO DE CALQUERA DESTAS NORMAS SUPÓN A EXCLUSIÓN INMEDIATA DA PARTICIPACIÓN NO MERCADO.

A organización resérvase o dereito de facer calquera modificación no mercado así como a anulación deste por cuestións de seguridade ou de forza maior.