Solicitude de participación para hostalería

Ao premer enviar asumo os compromisos estipulados nas Normas da Hostalaría da XIX Feira Franca e entendo que, en caso de non respectalos, a organización poderá excluír a miña solicitude ou ben proceder á retirada dos elementos non autorizados ou do propio posto durante o día da celebración da XIX Feira Franca.

Ademais entendo que as posibles infraccións cometidas serán recollidas pola Organización, quen se reservará o dereito de excluír a miña candidatura para próximas edicións da Feira Franca.

Así mesmo, declaro responsablemente:

  • estar ao corrente das obrigas legais, fiscais, laborais, medioambientais e hixiénico sanitarias do exercizo da miña actividade.
  • que no caso de vender produtos alimenticios estes cumpren coas normas de seguridade e hixiene vixentes.
  • que entendo e acepto o presente documento, polo que veño obrigado/a a subscribir seguro de responsabilidade que cubre o espazo autorizado pola organización e a miña actividade desenvolvida no mesmo.
Nome comercial:*
Enderezo do local:*
Nome e apelidos:*
DNI ou CIF:*
Número de teléfono:*
Enderezo de notificacións:*
Enderezo electrónico:*
Explique as actividades que quere desenvolver:*
Persoas que van desenvolver a actividade (nome, apelidos e función):*

Características do espazo solicitado:

Altura:*
Anchura:*
Lonxitude:*
Lume:*
Materiais usados na montaxe e decoración:*
Actividades complementarias:
Achega de documentos nun único arquivo de máximo 8 Mb:*

Documentos que debes achegar:

  • copia do DNI da persoa representante
  • carta de produtos e prezos para o día da Feira Franca
  • copia do certificado de manipulador/a de alimentos (de todas as persoas que vaian desenvolver a actividade)
  • esbozo, fotografías, etc que amosen as dimensións do espazo solicitado, o seu emprazamento e a estética que se lle
    quere dar para a Feira Franca, descrición de materiais a utilizar, vestimentas, utensilios, produtos, etc...

Debes achegar todos os documentos nun mesmo arquivo de máximo 8 Mb. Formatos de arquivo permitidos:

  • imaxes (jpg, jpeg, png, gif)
  • PDF
  • arquivo comprimido ZIP
  • Word (doc, docx)
  • LibreOffice (odt)

Ao premer enviar indicas que liches e aceptas as normas de hostalería da Feira Franca e a política de privacidade.

AVISO LEGAL: En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (en diante RGPD) informámoslle que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados nos ficheiros de Feira Franca XIX, co fin de prestarlle os servizos de xestión solicitados. Neste sentido, vostede consente de forma expresa que os seus datos sexan tratados por Feira Franca XIX para dar cumprimento á finalidade indicada anteriormente así como para remitirlle información relativa aos devanditos servizos. Así mesmo, informámoslle que vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dispostos legalmente fronte a Feira Franca XIX.

*