Normas xantares e ceas na rúa

Co fin de situar postos de xantares e ceas particulares na rúa o día da Feira Franca (sábado, 2 de setembro de 2023), é necesario cumprir unha serie de normas que a continuación detallamos.

Entregar a solicitude, debidamente cuberta, dentro do prazo estipulado

Do 15 de xuño ao 17 de xullo de 2023, na oficina da Feira Franca da rúa de Afonso XIII (ao carón da Biblioteca Pública) en horario de 10.00 a 14.00 horas ou cubrir o formulario en feirafranca.pontevedra.gal.

Aceptar as seguintes condicións:

1. Espazos e ambientación

2. Montaxe

O horario de montaxe é:

Sábado día 2 de setembro de 6.00 a 10.00 horas (queda terminantemente prohibido montar antes desa hora).

O incumprimento desta norma poderá ser motivo de exclusión do posto na Feira. Se ás 10.00 horas o posto non estivera montado, a organización reservarase o uso do espazo adxudicado.

3. Lume e grellas

4. Responsabilidade e acreditacións

A persoa responsábel da mesa deberá ter no seu poder a acreditación da mesa durante as horas de montaxe.

É obrigatorio que a autorización se localice nun lugar visible durante toda a xornada da Feira Franca.

Ademais, tomará as medidas necesarias para non deixar no espazo usado restos de lixo, graxa, aceites etc. É obrigatorio contar cun depósito para o lixo acorde coa ambientación da festa (sacos, cestos…).

Responsabilizarase de:

As persoas participantes deberán acatar a supervisión que realizará a organización.

A autorización para a montaxe dunha mesa non é transferíbel, sendo responsábel a persoa titular de dita autorización.

Os postos que non sigan as anteditas normas ou as indicacións da organización poderán ser retirados.